Optimizada :1024X768
 
 

| Asociación de veciños | Comunidade de montes en man comun | Xuntanzas: AAVV, CCM| Novidades|

Asociación de Veciños de San Miguel de Presqueiras.

Como empezamos :
         Corría o ano 1994, e a  xente andaba intranquila na Parroquia, pois chegaban noticias alarmantes dicindo que nos iban por, unha canteira no   MONTE PARADA. A xente empezou a sacar conclusións,  dicindo que  iba a pasar como en Ventoxo, as casas, cos  barrenos iban a empezar a ter raxas. O polbo que xeraría a canteira, chegaría as  casas etc.          
          Empezaron ha facerse xuntas de veciños, para decidir o que se facía, e de unha delas naceu, ,a idea de facer unha asociación de veciños . Eu fun elixido candidato para facer todoslos tramites necesarios, e así se fixo a primera elección de candidatos, para formar a primera xunta directiva.

         Esta seria a seginte:

        José Manuel Cortizo, Amadeo Cota y Jesús Acebedo, por Guisande y Barro.
        Agustín y Luís de Cesarea, por Outeiro.
        Manuel Garrido, Emilio Rodríguez y Arturo García, por San Miguel y Morgade.

         Quedando constituída a primeira directiva por :José Manuel como Presidente. Jesús Acebedo como Vicepresidente, Agustín Nieto, como Secretario, Emilio Rodríguez, como Vicesecretario y Luís Adán, como tesoureiro. Manuel garrido, Arturo García, Amadeo Cota, como vocais.  Manuel Correa como Invitado Especial.

         O que coñeza  esta xente, podrá dicir que nos xuntamos o mellor de cada casa. Recordo aquelas reunións sen fin na  Casa de Antelo. O primeiro todo eran discursións, os temas surxían solos, e nunca estábamos de acordo. Empezábamos as reunións, moi ben, tranquilos, pero durante a reunión ,a xente alterábase bastante, po lo que moitas reunión acabaron bastante mal. Co  tempo, a cousa fotódolosise tranquilizando, quizais tamén porque nos reuniamos todolos fins de semana, e isto fixo que a xente se fora calmando, e tamén a partir de aquí, foi cando  empezaron a surxir acordos.
"O tema era que se Arturo tiña unha idea  , teña que ir a misa, se a idea era de   Correa, non se lle podía levar a contraria , Acebedo tamén cando se lle metía algo na cabeza TELA MARIÑEIRA, Emilio co seu autofalante  de 100w, mandando calar ,imaxinade por un momento o barullo que podía formar, e Eu, Luís, Jarenas e Agustín,  esperando a que acabaran para seguir a xuntanza ", e así case que tódolos fins de semana ..Pero co  tempo as feras fóronse  domando, e se chegaron a importantísimos acordos ,como o de por as cotas para a AA.VV, constituír la Comunidade de Montes, presentar unha demanda xudicial contra o Concello, para o reclamo do monte, cota que terían que pagar os veciños para ir o xuízo etc . 
Estatutos , ver (Aquí) , son 1,3Mb. E se queredes mais información, ver (Aquí) .


Comunidade de Montes en man común :

           En canto a información da  comunidade de montes, toda ela esta baseada nos principios da Asociación de Veciños, pois a partires desta, formouse . Foron en estas xuntanzas onde se decidía que facer para levar a cabo todo o papelexo necesario para a posta en marcha da mesma.  Quero agradecer a todolos que estiveron nas directivas, os esforzos realizados sen gratificación ningunha a cambio, e en especial a Pablo, que en paz esté , po lo seu especial empeño en levar a cabo todo o relacionado co noso monte. Deixobos  (Aquí) , un escaneado das primeiras convocatorias, circulares e outros.
      Estatutos (pdf-1.2Mb) .

         Tamén esta paxina de la organización galega de montes en man común es interesante : http://orgaccmm.blogaliza.org/

Novidades:

05.Outubro.2008.- Deixovos de seguido uns enlaces das reunions e aparicions na prensa sobre a "Lonxa Forestal", que como sabedes a nosa CC.MM, co seu Presidente "Roberto Jorge, a cabeza, e a que esta aorganizar encontros, con outras Comunidades, para pola en funcionamento.
[Aquí], a crónica da Voz de Galicia.
[Aquí], a crónica do Faro de Vigo.
Tamen lle fixen unhas fotocopias o Diario de Pontevedra, xa que merece a pena por sacarlo na primeira páxina, e como noticia principal.
[Aquí], a páxina principal, e [Aquí], a páxina do interior.

Tamen estou a espera de que me manden a "Acta" da última reunión que tivemos na Casa da escola, para subila.

15.Xuño.2008.-

Fotos dunha reunión-pinchos, que tivemos neste ano 2008.

15.Xuño.2008.-

COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

DE SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS

  Pola presente, convócase a todolos Comuneiros á Asamblea Ordinaria, que se celebrará o vindeiro día 22 de xuño de 2008 na Casa da Escola de Guisande ás 9h. en primeira convocatoria , e ás 11:15h . en segunda, para tratar os seguintes puntos da orde do día:

•  Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.
•  Estado das subvencións.
•  Información variada.
•  Cesamento da actual Xunta Directiva
•  Apertura de plazo de Presentación de Candidaturas
•  Rogos e preguntas.

E para que así conste, firma o Presidente en Presqueiras a 9 de xuño de 2008.

O Presidente,
Roberto Jorge Correa.

 

05.Febreiro.2008.-COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

DE SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS

  Pola presente, convócase a todolos Comuneiros á Asamblea Ordinaria, que se celebrará o vindeiro día 22 de xuño de 2008 na Casa da Escola de Guisande ás 9h. en primeira convocatoria , e ás 11:15h . en segunda, para tratar os seguintes puntos da orde do día:

•  Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.
•  Estado das subvencións.
•  Información variada.
•  Cesamento da actual Xunta Directiva
•  Apertura de plazo de Presentación de Candidaturas
•  Rogos e preguntas.

E para que así conste, firma o Presidente en Presqueiras a 9 de xuño de 2008.

O Presidente,
Roberto Jorge Correa.

 

05.Febreiro.2008.-COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

DE SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS

  Pola presente, convócase a todolos Comuneiros á Asamblea Ordinaria, que se celebrará o vindeiro día 10 de Febreiro de 2008 na Casa da Escola de Guisande ás 9h. en primeira convocatoria , e ás 11:15h . en segunda, para tratar os seguintes puntos da orde do día:

•  Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.
•  Balance económico.
•  Estado das subvencións.
•  Solicitude de novas subvencións.
•  Cesión dos dereitos cinexéticos ó novo Tecor.
•  Rogos e preguntas.

E para que así conste, firma o Presidente en Presqueiras a 24 de Xaneiro de 2008.

O Presidente,
Roberto Jorge Correa.

 

06.Junio.2007.-COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

DE SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS
Pola presente, convócase a todolos Comuneiros á Asamblea Ordinaria, que se celebrará o vindeiro día 10 de Junio de 2007 na Casa da Escola de Guisande ás 9h. en primeira convocatoria , e ás 11h .(despois da misa) en segunda, para tratar os seguintes puntos da orde do día:
•  Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.

•  Solictude de subvención ante a Consellería de Medio Rural, para a plantación de frondosas cauducifolias (orde 9 de maio de 2007) no Monte Seixo.
•  Proposta de Agrupación de Propietarios na zona do Monte Seixo (Macera Brava, Candal, Urceira, etc.) e outras zonas, para solicitar a subvención de frondosas.
•  Proposta dunha empresa (Bioenergalicia, s.l.) para o aproveitamento da biomasa dos nosos montes.
•  Solicitude de subvención ante a Consellería de Cultura e Deporte (Orde do 24 de Maio), para a recuperación e mantemento do noso patrimonio etnográfico (hórreos, muiños, etc).
•  Información ós Comuneiros sobre a nova Lei de Prevención e Defensa de Incendios Forestais.
•  Rogos e Preguntas.
E para que así conste, firma o Presidente en Presqueiras a 26 de Maio de 2007.

O Presidente,
Roberto Jorge Correa.

 


06.Febreiro.2007.-
Pola presente, convócase a todolos Comuneiros á Asamblea Ordinaria, que se celebrará o vindeiro día 18 de Febreiro de 2007 na Casa da Escola de Guisande ás 9h. en primeira convocatoria , e ás 11h . en segunda, para tratar os seguintes puntos da orde do día:

•  Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.
•  Balance económico.
•  Presentación do Decreto da Xunta de Galicia, con número 261/2006 do 21 de decembro, polo cal se resolve o deslinde entre os Concellos de Forcarei e Cerdedo.
•  Estado das subvencións.
•  Rogos e preguntas.

E para que así conste, firma o Presidente en Presqueiras a 3 de Febreiro de 2007.

O Presidente,
Roberto Jorge Correa
.

25.Xaneiro.2007.-
Sentenza do DOG do día 24 de Xaneiro do 2007, sobre os lindes do monte do Seixo entre os concellos de Forcarei e Cerdedo, favorable a Forcarei e por suposto a Presqueiras .Aquí vos deixo o texto completo como saeu no doga :

1.022 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 17 L Mércores, 24 de xaneiro de 2007 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA Decreto 261/2006, do 21 de decembro, polo que se resolve o expediente de des-lindamento entre os termos municipais dos concellos de Cerdedo e Forcarei.
[Texto Completo]. En formato PDF, con un peso de 220KB.

Xuntanza da Comunidade de Montes:

Xuntanza do dia 25, de Decembro ,do 2005 .

TRANSCRIPCIÓN DA ACTA Nº 16 DA C.M.V.M.C. S. Miguel de Presqueiras.
En Presqueiras a 25/12/2005 ás 10.30 en primeira convocatoria e as 12.30 en segunda convocatoria celebrouse asamblea xeral extraordinaria logo de convocatoria pública.

A orden do día é o seguinte :

1.- Proposta de alquiler de terreos pertencentes á CMVMC solicitada por D. Aladino Barros, con destino a explotación gandeira.
2.- Estado de contas e resumen económico.
3.- Estado das subvencións solicitadas.
4.- Actualización do censo de comuneiros
5.- Rogos e preguntas.

Punto 1)
Dase comenzo a reunión coa lectura da acta anterior para a continuación comunicar a proposta de alquiler formulada por D. Aladino Barros, na que se pretende o alquiler do monte Seixo( 250 Ha aprox.) a razón de 2.000 € anuais, co fin de realizar un aproveitamento gandeiro.
Tras debatir a proposta decidese en votación REXEITAR a citada oferta por maioría absoluta, considerando a oferta mínima aceptable en 8.000 € os 3 primeiros anos de contrato, pasando as seguintes anualidades a 15.000€; contraproposta que deberá ser enviada ó interesado para o seu coñecemento.

Punto 2)
O estado de contas a data de hoxe é de € na conta xxxxx61 e de € na conta xxx52, pendentes do traspaso a “Xestión forestal galega” e do ingreso de “sistemas enerxéticos cando”, para cerrar o balance anual

Punto 3)
Procédese á lectura dos certificados nos cales se DENEGA a subvención con cargo á orde de 16 de Marzo de 2005 “Accións e traballos contra o lume” e tamén se DENEGA o expediente de subvención para reforestación co numero 11360145/2005 ambas alegando “Falta de dispoñibilidade orzamentaria”.

Punto 4)
Actualízase o censo de comuneiros, acordando incluir a Andrés Iglesias unha vez realice o pago. Tamén se lle comunica a D. Manuel García Moreira a decisión de aceptalo por maioría absoluta como comuneiro, logo da satisfacción do ingreso correspondente.

Sen máis preguntas por parte dos comuneiros levántase a sesión ás 14.20 do día 25 de Decembro de 2005, co Vº Bº do presidente, e eu como secretario dou fé

Firmado: Presidente Secretario.

Xuntanzas e convocatorias da Asociación de Veciños:

15.Xuño.2008.-

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

DE SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS

Pola presente, convócase a tódolos Membros desta Asociación á Asamblea Ordinaria que terá lugar o vindeiro día 22 de xuño de 2008 na Casa da Escola de Guisande ás 10h. en primeira convocatoria e as 12h. en segunda para tratar os seguintes puntos da orde do día:

 

•  Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.
•  Balance económico
•  Presentación da remodelación da Casa da Escola.
•  Cesamento da actual Xunta Directiva.
•  Apertura do plazo de presentación de Candidaturas.
•  Rogos e preguntas.

E para que así conste, firma o Presidente en Presqueiras a 9 de Xuño de 2008.

Presidente
José Manuel Cortizo Adán

 

COMISIÓN DE FESTAS “VIRXE DOS REMEDIOS”

        Estimados Veciños:

        Aproveitando a asamblea da Comunidade de Montes do próximo 16 de Abril,
dende a Asociación de Veciños e máis concretamente, dende a Comisión de
Festas, gustaríamos coñecer a opinión do pobo sobre a festa de setembro. Por
eso, ó finalizar a xuntanza do monte, pedimosvos que vos quededes un pouco
máis para que nos expoñades a vosa opinión e as vosas ideas de cara á festa.

        Dada a importancia das dúas xuntanzas(monte e festa) pedimosvos que
asistades todos.

        Sen máis, recibide un cordial saúdo.

Atentamente,
AAVV San Miguel de
Presqueiras- Comisión de Festas.


Xuntanza AA.VV, do día, 4 de Setembro do 2005.

           O primeiro tema, foi a terminación da casa da escola, o que se fixo, e o que queda por facer...
           De seguido tratouse o tema dos amaños que se van a facer na Igrexa de San Miguel, como o derrube das escaleiras de cemento que van po campanario, e tamén o cuberto dos homes, pa pórlle o tellado.
          Tamén se falou que había que por unha fonte no Desterro, e outra na Igrexa, a do desterro faríanola o Concello , e a da Igrexa teriámola que pagar os veciños. De todalos xeitos esto seria contando con que os veciños de San Miguel nos deixaran coller a auga da súa traída.
          Falouse tamén do recheo, que se lle dixo o Concello, pa facer nos terreos comúns que hai o lado a casa da escola. Quedaron de facérnolo po ano que ven.
           Tamén o de facer unha Asociación Cultural-Deportiva, pa optar a mais subvencións, esta tería que ser para as dúas Parroquias.
           Saudiños...

........... Xuntanza AA.VV, do día, 13 de Novembro do 2005 .

..........Os temas foron os de sempre, situacion das obras, presupostos, etc.
..........Como iva a veda da loteria.
..........Os proxetos que tiña co paxina. Que por certo se facemos todo o que temos pensado,o espacio que teño ,non da. Disenlle a AAVV e a Comuidade de montes se estaban dispostos a pagar ese espacio adicional e tamen o dominio de "presqueiras.com", dixeronme que si, total son 30€ o ano. Tamen lles dixen que habia que facela en PHP4,(esto si que teria un coste adicional de 450€, que e o que cobra un programador, bastante barato por facela), asi seria unha paxina mais dinamica,moderna, sin popus etc, pero dixeronme que eso por ahora habia que esperar. De todolos xeitos Eu vou intentar ir facendo eu algo.

Nada mais................................... Saudiños a todos.

 

 


Copyleft @ Nero.-
| | Contacta |