Optimizada :1024X768
 
 

EDICIÓNS Anteriores FESTIVAL FOLK CHURRUCHAO..

IV Festival folk Churruchao, 02 de Agosto do 2008:

Bueno, xa pasou a tensión do "Festival-Xantar", que tanto esforzo supuxo, pero que tamén tan bos resultados dou. Ainda falaba hoxe á maña con Vicente e me decia que vai ser moi dificil superalo.
Por certo, antes de nada a miña felicitación para todos os que colaboraron na elaboracion do Festival-Xantar, xa que para min e polo que puiden escoitar foi un éxito total. FELICITACIÓNS especiais para o noso ... "LIDER" e non sei quen escribeu isto :
“Liderazgo tiene que ver con mover gente. No hace falta ni multitudes ni todo el tiempo. Basta con mover a una persona por un momento. Así de sencillo, así de simple, aunque parezca banal”.
“Los líderes están por todos lados, vivimos rodeados de ellos. Silenciosos y serenos, humildes y poderosos, sencillos y profundos, van marcando nuestras vidas, sin proezas ni aspavientos, en la gran epopeya del día a día”
.
.............VICENTE.
Deixovos [Aquí], un enlace do que di a prensa de hoxe.

Aquí tendes alguhas das moitas fotos escollidas que sacamos, se cadra non son as mellores, pero xa sabedes que un fai o que pode.
En canto os videos, ainda que os dous son o mesmo, teñen diferente tamaño, xa que coma sabedes a ADSL, non chega a todos. Por suposto o de menor tamaño taen ten menos calidade. [Aquí], tendes o de 2.5Mb, e [Aquí], o de 15Mb.


Act.Pradairo

Degusta-Croca

Grupo.Coleguis

Previo.croca

Jarenas y +


Comision


Cesta

2.Amigas

Tro.Subastado

Final.Fubito

Campe.fubito

Sub.Fubito

Pat.Subastado

Leilía+Banda

Gente2

Gente3

Gente4

Gente5

 

 

 

 

III Festival folk Churruchao, 12 de Agosto do 2006:

Aquí vos deixo o proceso do que se fixo para levar a cabo esta edición.
Celebrouse un ano mais o "Festival Folk Churruchao", e hai que felicitar en primeiro lugar a Comisión, po lo traballo ben feito.
Na miña "humilde" opinión, estuvo bastante ben, ainda que a partir da mitade, a xente empezou a marchar, po lo frío, e con respeto o tempo si que teño algo que decir, xa que levamos tres edicións do festival , e en todas o tempo tuvo algo que ver, sempre para mal, co desenrrolo dos mesmos...
Na primeira edición tivemos unha tronada, que case nos reventa o escenario, y menos mal que despois parou, e arreglouse todo...
Na segunda empezou a chover, a última hora, xa case que estaban as brasas do churrasco case que listas, mollaronse, e tivemos que ir a facelo a casa da escola, con todo o que implicaba facer o cambio, pois xa estaban as mesas preparadas, e organizadas para empezar a comer.
Nesta terceira, todo o mes un tempo quente, incluso alguns días moi quente, y eso sin contar cos incendios, pois ben o día do festival levantouse un aire frio que so o aguantaban os que tiñan unha boa porción de alcohol no corpo.
A xente , claro, tiña rapaces e ela mesma nin con abrigos se aguantaba e empezou a marchar, deslucindo bastante o festival, en canto a ambiente.
Esperemos que na cuarta edición, non empece a nevar, pois debe ser o que nos falta...
"Fagolle un recordatorio a xente decindo que estamos no mes de Agosto.. "

[Contas festa de Setembro do ano 2006]. Texto en formato Word(120Kb).

O resumo seria:
Organización .... .Perfeta.
Calidade grupos..Normal.
Ambiente ...........Bo.
Temperatura ......Pesima.
Churrasco........Impresionante.

 

 

 

 

Martes, 25-07-2006.
Hola a todos: Seguramente, máis de un se está preguntando haber como vai o Festival; pois decirvos que xa está moi avanzado, que realmente só nos faltan pequenos detalles e que xa estamos desexando que chegue o día 12 de Agosto, porque estamos convencidos de que este ano vai a ser un éxito. de momento, [Aquí] vos deixamos o cartel deste ano, que o acabamos de diseñar e que esperamos empezar a pegalos esta misma semana. Cómpre dicir que ainda que no cartel non di nada das actividades da tarde, durante a mesma, teremos o "Campionato de Chave" e outros moitos entretementos que estamos a preparar coa axuda de Jose Diz; asique recordade que o sábado 12 de Agosto xa tendes plan para a tarde, que hai que ir para San Miguel, que de seguro que vai a haber un bó ambiente.  E de momento, non temos máis novas que contar. Ata pronto.
Firma: A comisión e colaboradores.

Mercores, 07-06-2006.
[Aquí], tendes as fotos das camisetas. Non estan moi ben xa que foron feitas as presas, se maña podo sacolles outras mellores.

Martes, 06-06-2006.
NOVAS
 Este Domingo contratamos un grupo de rock- punk para rematar o festival, tratase do grupo dezano " TIRO NA TESTA ", o seu sonido e espectacular, xa teñen dous cds a venta e o seu directo chama a festa rachada, esta vai ser unha das novedades maís relevantes para este ano, esperamos que esta nova sección do festival atraia a xuventude e asi se animen un pouco mais.
Respecto os grupos folck, temos moito camiño andado, faltanos decantarnos polo derradeiro e cerrar cartel.

[Aquí], tendes as caratulas dos cds.

Gracias a todos os que nos axudades a facer do Festival unha gran festa !!!!!!
Firma: A comisión e colaboradores.

Mércores 10-maio-2006.
A primeira noticia que vos podemos dar, é que estamos traballando: Por un lado decirvos que temos pedidos varios presupostos a distintos representantes, e que esperamos que este fin de semana se poñan en contacto con nós; de momento, o viernes ás 11h. quedou de vir por aquí Julio Martínez.
Por outro lado, supoño que xa saberedes que o fin de semana pasado, estivemos pedindo polo pobo, e que por certo,  a xente se portou como é normal, bastante ben.
Tamén cómpre dicir que lle estamos dando os últimos retoques ó Simbolo, as camisetas, etc. 
O domingo despois de pedir rómpemonos un pouco a cabeza intentando chegar a un acordo entre nós, pero sin resultados demasiado positivos.(Esperamos que o viernes Javi nos sorprenda con unha das súas ideas.)
E de momento non hai nada máis que contar. Solamente queremos aproveitar para agradecer  o voso apoio a todos os que nolo estades dando, e non imos dicir nomes por se se nos escapa alguén; gracias. P.D.: Aceptamos(e agradecemos) suxerencias.
Podedes deixalas no Libro de Visitas.
Ata pronto.
(Información=Vicente Bua).

Luns,22-Maio-2006.
Como podedes comprobar, aquí seguimos; xa temos unha idea dos grupos que van a estar connosco o 12 de Agosto, pero como ainda non temos nada fixo non vos imos a dar nomes.  O que si que vos podemos dicir, é que as camisetas xa están "no forno", e en poucos días comezaremos a "pasealas"por ahí. Nós estamos convencidos de que van a ter máis éxito que as do ano pasado, porque son realmente bonitas; esperamos que a vós tamén vos gusten e que nolas saquedes das mans. E de momento, non temos máis novas. Ata pronto. 
(Información=Vicente Bua).

 

II Festival folk Churruchao, 3 de Setembro do 2005:

Bueno, pois aqui tendes casi todo o que foi,o noso II festival folklórico Churruchao, de música galega.
Antes de nada quero felicitar a Comisión,encabezada por Vicente, Andrea, Patri, Andrés e Rubén, aparte de tódolos demais que puxeron o seu grano de area ,polo traballo ben feito.A miña opinión e que estubo moi ben, e iso nos da pe para seguir neste camiño. Empezamos a reportaxe cunhas fotos pola mañá na capela do Castro antes, durante e despois da misa.Mirade en concreto o rosquilleiro e tamén se queredes, escoitade a canción que na novena á virxe lle cantan os devotos.Son 462K.(escoitar).
Despois teñovos unhas fotos po la tarde do que foi o torneo da chave,con fotos dos tres finalistas,Santi,Jose Carlos e Juan, que resultou gañador. Xa na noitiña, facendo o churrasco Andres de Cesarea,Javier do estanco, e Serafin de Barro, ademais de outros moitos colaboradores da festa que no vou a nombrar por si se me esquece algun. Hay ademais outras fotos dos comensales e acompañantes da festa.
Por último unhas fotos do que realmente foi o Festival,co ambiente, e a xente que habia, mais unhas fotos dos grupos participantes: PAI DA CANA, que por certo chegaron tarde, LINHO DE CUCO, ARDENTIA e CHICULATE.

Tamen vos queremos recordar, que ainda nos queda o dia 8.Tendes un cartel no enlace da paxina principal, ultimas noticias.
Saudiños...

Aqui tendes alguhas fotos:

 

 

 

 


Copyright @ Todos los derechos reservados a Nero.-
| | Contacta |